11 centros de ensino participan no obradoiro municipal Enredámonos nas redes? contra a violencia de xénero
A edil de Igualdade, Isaura Abelairas, visitou esta mañá aos mozos e mozas que participan no obradoiro Enredámonos nas redes? que se organiza no Auditorio Municipal co obxectivo de previr entre a mocidade a violencia de xénero. Alumnos de 11 centros de ensino secundario de Vigo forman parte desta iniciativa que comezou onte e remata mañá mércores.
Con motivo da conmemoración do día Internacional contra a violencia de xénero o próximo 25 de novembro, o Concello arrancou onte o obradoiro Enredámonos nas redes? dirixido a alumnos de 4º de la ESO y de 2º y 3º de Bacherelato e ao que hoxe se achegou a concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas. Co obxectivo de previr entra a mocidade a violencia de xénero no uso das redes sociais, participan 11 centros da cidade, cun total de 1.047 alumnos que desde hoxe ata o mércores debatirán no Auditorio Municipal. O Concello asume o custo do desprazamento desde desde os centros educativos: Castro, Castelo, Alexandre Bóveda, Rosais II, Teis, Coruxo, Santo Tomé de Freixeiro, Alvaro Cunqueiro, República Oriental do Urugaui, A Guía e Carlos Casares.
De xeito complementario, o Concello distribuirá 13.000 exemplares da guía Conectamos ben...? Mozos e mozas que se tratan ben e de igual a igual . Está dirixida a mozos e mozas para que promovan o bo trato nos ámbitos nos que se desenvolve a súa vida diaria: as redes sociais, os espazos de ocio, as relacións personais...Utilizase unha linguaxe sinxela, coas mesmas craves que usan a mocidade co fin de amosarlles distintas maneiras para identificar as relacións de bo trato o mal trato coas que se poden atopar.
Descargar todas as imaxes