O Concello cede un local da antiga escola de hostalería á Asociación de Veciños do Casco Vello
O alcalde e reponsables da Asociación de Veciños do Casco Vello asinaron hoxe luns un convenio de cesión por dous anos dun local municipal emprazado no baixo de Cánovas do Castillo, n 2. Neste espazo da antiga escola de hostalería había antes unha sucursal de Caixanova e agora,tal e como explicou o rexedor, o local vai permitir ao colectivo veciñal dinamizar a súa actividade.