Escoitar

O Concello distribuirá 13.000 guías de prevención da violencia de xénero entre a mocidade

Máis de 1.000 mozos e mozas participarán durante tres días no obradoiro Enredámonos nas redes? que ten por obxectivo previr entre a mocidade a violencia de xénero no uso das redes sociais. Alumnos de 11 centros de ensino secundario de Vigo achegaránse desde hoxe ata o mércores ao Auditorio Municipal para participar nesta iniciativa.

luns, 11 nov 2013
1384177217redes.JPG
Con motivo da conmemoración do día Internacional contra a violencia de xénero o próximo 25 de novembro, o Concello arrancou hoxe o obradoiro Enredámonos nas redes? dirixido a alumnos de 4º de la ESO y de 2º y 3º de Bacherelato e ao que hoxe se achegou o rexedor. Co obxectivo de previr entra a mocidade a violencia de xénero no uso das redes sociais, participan 11 centros da cidade, cun total de 1.047 alumnos que desde hoxe ata o mércores debatirán no Auditorio Municipal. O Concello asume o custo do desprazamento desde desde os centros educativos: Castro, Castelo, Alexandre Bóveda, Rosais II, Teis, Coruxo, Santo Tomé de Freixeiro, Alvaro Cunqueiro, República Oriental do Urugaui, A Guía e Carlos Casares.


De xeito complementario, explicou o alcalde en rolda de prensa, o Concello distribuirá 13.000 exemplares da guía Conectamos ben...? Mozos e mozas que se tratan ben e de igual a igual . Está dirixida a mozos e mozas para que promovan o bo trato nos ámbitos nos que se desenvolve a súa vida diaria: as redes sociais, os espazos de ocio, as relacións personais...Utilizase unha linguaxe sinxela, coas mesmas craves que usan a mocidade co fin de amosarlles distintas maneiras para identificar as relacións de bo trato o mal trato coas que se poden atopar.
Descargar todas as imaxes