Escoitar

Caballero felicita aos responsables da productora viguesa A Sombra produccións por recibir un Mestre Mateo

O alcalde de Vigo recibiou hoxe a Javier Alvarez e Alfonso Vázquez, responsables de A Sombra Produccións, unha empresa audivisual viguesa que ven de recibir un Mestre Mateo por un documental sobre Celso Emilio Ferreiro.

luns, 11 nov 2013
1384177292sombra.JPG
A viguesa A Sombra Produccións recibiu o prestixioso premio Mestre Mateo polo traballo "100% CEF", sobre Celso Emilio Ferreiro e hoxe o rexedor recibiu aos responsables do mérito: Javier Alvarez e Alfonso Vázquez. Ambos son os responsables da única productora de Vigo premiada nesta edición e a segunda nos once anos de historia destes galardóns do audivisual galego.

O rexedor felicitou aos autores dun documental que repasa a vida e obra do celanovés Celso Emilio Ferreiro a través das testemuñas de 50 entrevistados e con Luis Tosar no papel do poeta.
Descargar todas as imaxes