Escoitar

O Concello adicará 2,1 millóns á reforma do Paseo Paz Andrade e as rúas Tomás Alonso e Ferreiros

O alcalde de Vigo anunciou en rolda de prensa o inicio dunha das tres actuacións municipais previstas en Bouzas nas que se investirán 2,1 millóns de euros nos próximos oito meses meses. Concretamente, hoxe arrancaron os traballos de restauración da praza no Paseo de Andrade, que contan cun orzamento de 300.000 euros.

martes, 15 out 2013
1381837516paulino.JPG
Abel Caballero avanzou hoxe a triple actuación que o Concello vai acometer en Bouzas cun orzamento que ascende a 2,1 millóns de euros. Acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, polo concelleiro de Fomento, David Regades, e por representantes de distintos colectivos sociais do barrio histórico, o rexedor avanzou o inicio dos traballos de restauración da praza no Paseo de Paz Andrade, cun prazo de execución de dous meses e un orzamento de 300.000 euros. As actuacións previstas, detallou, son, entre outras, a reparacón do pavimento de pizarra, a recuperación de 400 metros de praia, recuperación de farolas co estilo da zona e a creación de 330 metros de zonas, verdes.

Tamén anunciou o rexedor a humanización de Tomás Alonso, entre a alameda Suárez Llanos e a rúa Camilo Veiga. Cun importe de 1,6 millóns e un prazo de execución de 6 meses, acometeránse traballos de mellora en 350 metros liniais e nunha superficie de 4.500 m2. Ademais, renovaránse canalizacións, colocaránse árbores e xardiñeiras, mantendo todas as prazas de aparcamento porque son precisas na zona, apuntou o rexedor.

Por último, referiuse á humanización de Ferreiros, na súa primeira fase. Con case 170.000 euros e durante 2 meses, cambiarase a pavimentación da calzada, incorporaránse beirarrúas, renovaránse redes de saneamento e abastecemento, ademais de instalar luminarias e papeleiras.

Caballero resaltou a importancia deste investimento de 2,1 millóns de euros neste barrio histórico da cidade tendo en conta que "vai recibir máis nos próximos 8 meses que nos últimos 50 anos". Tamén se felicitou o primeiro edil porque trátase dun modelo de humanización coordinado coa sociedade civil.
Descargar todas as imaxes