Escoitar

O goberno local aprobou a ordenanza para conceder licenzas de actividade en 24 horas

Segundo informou hoxe luns o alcalde, o goberno de Vigo aprobou o pasado venres a nova ordenanza de tramitación "express" de licenzas urbanísticas, que se concederán en 24 horas para locais menores de 300 m2 e actividades non molestas e insaúbres. Por outra banda, o Concello aprobou a prantación este ano de 425 novas árbores por toda a cidade.

luns, 14 out 2013
Abel Caballero informou este luns destes dous asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado venres. A aprobación definitiva da nova ordenanza para conceder licenzas con "método express", segundo apuntou o rexedor, permitirá obter a autorización en 24 horas despois de presentada toda a documentación en Urbanismo, sempre que o local sexa de superficie inferior aos 300 metros cadrados e a actividade non sexa molesta ou insaúbre.

O alcalde recordou esta normativa é a continuación da iniciada para locais menores de 100 metros cadrados, que se amplía ata 300 agora que a lexislación o permite. Sobre este sistema, Caballero afirmou que "somos o concello de España que o establece en primeiro lugar" e será de aplicación "instantánea" en Vigo tan pronto sexa aprobada a norma estatal.

Árbores
A sesión do pasado venres tamén deu luz verde á contratación e subministro de árbores e prantas, cun orzamento de 59.000 euros, para substituir aos exemplares secos ou danados por vandalismo. En total, e ata finais deste ano, o Concello de Vigo reporá 425 árbores por toda a cidade, aos que o alcalde sumou as 3.500 do proceso de humanización e as 300 dispostas na Avenida de Castelao.