O Concello cede á Universidade os terreos de CITEXVI e da facultade de Químicas
Despois de 22 anos, un convenio asinado hoxe entre Abel Caballero e o reitor, Salustiano Mato, permitirá á Universidade de Vigo ser propietaria dos 265.000 metros nos que está instalado Citexvi ou a facultade de Químicas. <br />
A Universidade de Vigo xa é a propietaria de todos os terreos que ocupa, logo de que o Concello lle transfirira hoxe a titularidade dos espazos nos que na actualidade están instalados a Cidade Tecnolóxica ou a facutade de Químicas. Un convenio asinado hoxe luns entre o alcalde e o reitor, Salustiano Mato, permite a cesión doutros 264.000 metros, cos que se culmina unha transferencia iniciada hai 22 anos dun millón de metros cadrados e que supoñen un custo de 10 millóns de euros.
A "interesante cooperación" coa Universidade, dixo o rexedor permitirá o seu desenvolvento tecnolóxico e enfatizou a relevancia desta colaboración porque "con frecuencia esquecemos que a cidade foi a gran potenciadora da Universidade".
Descargar todas as imaxes