martes, 11 out 2011
Abel Caballero anunciou hoxe martes a proposta municipal para "anticiparse" a posibles problemas de abastecemento de auga en Vigo e comarca, que pasa porque a Xunta de Galicia constrúa unha vía de emerxencia desde a confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo ata a condución do encoro de Eiras. Para solventalo de xeito definitivo, Caballero insta ao Goberno de España a realizar unha condución permanente do Verdugo ata Eiras.
luns, 10 out 2011
O Concello de Vigo vai remitir á Xunta e ao Ministerio de Medio Ambiente un proxecto de conducción de emerxencia entre a confluencia de Verdugo e Oitavén cara a ETAP de Casal para garantir o abastecemento en previsión de que nos próximos dez días non chova. Caballero, quen recordou que a presa de Eiras está ao 46,38%, indicou que "usando o excedente de caudal dos ríos, por riba do ecolóxico, obteríamos o 60 por cento do que se consumo da cidade".
mércores, 5 out 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, percorreu este mércores as rúas Pino e Asturias, humanizadas polo goberno local cun orzamento superior aos 800.000 euros. As reformas realizadas polo Concello, "de alta calidade", inclúen a ampliación da superficie para as novas beirarrúas de granito, así como a renovación das canalizacións de servizos soterrados e a incorporación de novo arborado e mobiliario urbano.
xoves, 29 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que hoxe xoves da comezo a campaña municipal en distintos medios de comunicación para sensibilizar á cidadanía viguesa da necesidade de aforrar auga, ante a eventualidade dun outono seco. Actualmente, o nivel embalsado no encoro de Eiras -o que suministra á cidade- atópase nun 51%, o que podería surtir de abastecemento ata xaneiro.
mércores, 21 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que, de continuar as previsións metereolóxicas sen choivas, o goberno local iniciará unha campaña cidadá en medios para chamar ao consumo responsable de auga, dado que o gasto do Concello xa é "mínimo" desde hai un mes. O primeiro edil indicou que estamos nunha "situación moi difícil", co volume embalsado en Eiras dun 54,4% e en Zamáns dun 45,5%.
mércores, 7 set 2011
Á altura do número 160 da Travesía de Vigo, o alcalde anunciou que a próxima semana dará comezo o proxecto de humanización deste treito do vial, un compromiso adquirido por Caballero durante a campaña electoral que estará rematado tras dous meses de obras. Explicou o primeiro edil que o importe da obra achégase aos 100.000 euros e deixará este treito da rúa coa máxima calidade, "no mesmo nivel que o conxunto da Travesía de Vigo".
martes, 6 set 2011
Abel Caballero informou hoxe martes da decisión de ampliar o caudal de auga que Vigo cede a Baiona ante a "situación límite" do concello miñorano. Tras ter recibido unha carta do seu homólogo, o alcalde de Vigo explicou que incrementarase o trasvase de 24 a 29 litros por segundo, sempre condicionado á garantía de abastecemento de auga á cidadanía de Vigo.
xoves, 11 ago 2011
Tras unha reunión cos responsables de Aqualia, o alcalde remitiu hoxe xoves o envio dunha carta ao conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia para que "adiante a reunión" con Caldas, Soutomaior, Fornelos e Vigo para solventar canto antes o "serio risco" de desabastecemento que sufre a área metropolitana viguesa. É "responsabilidade única" da Xunta de Galicia, explicou Caballero, quen recordou que, de non chover, "Nigrán e Baiona entrarán el alerta vermella".
mércores, 10 ago 2011
Abel Caballero desvelou hoxe mércores que o goberno local ven implementando desde o pasado venres medidas de aforro no consumo público de auga que permiten manter nos encoros vigueses 810.000 litros ao día. O alcalde adiantou que o Concello tamén iniciará unha campaña de concienciación cidadá para o consumo responsable e reclamou á Xunta de Galicia que adiante unha reunión cos municipios indicados para anticipar solucións a eventuais problemas de abastecemento.
mércores, 20 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe mércores as obras de Manuel Álvarez, "a obra de humanización máis importante feita nunca na historia desta cidade". Resaltou a mellora desta zona ata hai pouco "moi periférica" na liña do Goberno municipal de "atender Vigo na súa totalidade"