Escoitar

O goberno de Vigo inicia a próxima semana humanizacións en Aragón, Gerona e Gregorio Espino

Abel Caballero avanzou este xoves que o comezo dos traballos de reforma de Aragón (entre Padre Celso e a Travesía de Vigo) e das primeiras fases das rúas Gerona e Gregorio Espino terá lugar a próxima semana. O alcalde informou ademais da próxima instalación de máis elementos en parques infantís e biosaudables.

xoves, 12 feb 2015
A Xunta de Goberno Local celebrada onte deu luz verde aos plans de seguridade e saúde e de xestión de residuos para novas humanizacións, que se iniciarán durante a próxima semana, tal e como informou este xoves Abel Caballero.

Trátase en primeiro lugar da terceira fase da humanización de Aragón que, cun investimento superior aos 212.000 euros, acometerá a reforma da Avenida no tramo comprendido entre Padre Celso e a Travesía de Vigo. Por outra banda, o Concello arranca as humanizacións das rúas Gerona e Gregorio Espino, con orzamentos de 246.000 e 271.000 euros respectivamente, tamén a próxima semana.

Parques infantís e biosaudables
Abel Caballero deu conta da aprobación de sendos expedientes de contratación, polo procedemento aberto, do subministro de novos elementos para parques infantís e biosaudables.

No primeiro caso, o Concello licita o contrato en 166.000 euros co obxectivo de crear novos parques infantís en Navia-Teixugueiras e na rúa Pizarro, e para ampliar o xa existente na Praza da Independencia. Serán "tres grandes parques", asegurou Caballero, que se sumarán ao contratado recentemente no Parque de Castrelos.

En segundo lugar, o goberno da cidade adica 160.000 euros á adquisición de novos elementos para parques biosaudables en Alcabre, Navia, rúa Moaña, Pablo Iglesias, Praza da Independencia, Parque de Castrelos, Alameda Andrés Gaos, Pizarro, Becerreira, Mercado de Teis, As Relfas, Maestro Montes, Barrio das Flores, Lag