venres, 13 feb 2015
A Xerencia de Urbanismo deste venres, tal e como informou o alcalde, acordou a adxudicación dunha nova vivenda municipal de República Argentina 12-14. O goberno local conta agora con case 2,6 millóns para expropiar os terreos da futura Cidade da Xustiza, mentres que a Xunta de Galicia carece de partida orzamentaria para a súa construción, segundo denunciou Caballero.
venres, 13 feb 2015
O alcalde de Vigo foi o encargado de recibir este venres, na Casa Galega da Cultura, o premio concedido pola Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, das mans do seu presidente, Angonio Reguera. Abel Caballero salientou o efecto positivo que provocou a iluminación de Nadal sobre o pequeno e mediano comercio vigués e, polo tanto, na economía da cidade. Amosou a súa vontade de que este impulso se manteña coa celebración do Entroido e da Festa da Reconquista.
venres, 13 feb 2015
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres validou a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para a contratación por catro anos dos servizos de dinamización infantil. Caballero recordou que o Concello conta con dous centros, un en Coia e outro na Casa da Xuventude.
venres, 13 feb 2015
Abel Caballero anunciou hoxe o traslado do desfile do Entroido para o domingo 22 de febreiro dadas as malas condicións climatolóxicas previstas para mañá pola tarde. Matéñense, en cambio, os concertos de Kiko Veneno e a Orquesta Filadelfia que actuarán mañá na Porta do Sol a partir das 22,30 h. O pregón de Mario Vaquerizo e o concerto de Nancys Rubias seguirán adiante esta tarde de venres, tal e como figuraba no programa festivo.