A Federación Provincial de Comercio distingue ao Concello de Vigo pola iluminación de Nadal
O alcalde de Vigo foi o encargado de recibir este venres, na Casa Galega da Cultura, o premio concedido pola Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, das mans do seu presidente, Angonio Reguera. Abel Caballero salientou o efecto positivo que provocou a iluminación de Nadal sobre o pequeno e mediano comercio vigués e, polo tanto, na economía da cidade. Amosou a súa vontade de que este impulso se manteña coa celebración do Entroido e da Festa da Reconquista.