martes, 10 feb 2015
O alcalde de Vigo anunciou este martes melloras no servizo de autobús urbano á Cidade Universitaria. As liñas U1 e U2 amplían os seus percorridosa partir do próximo 18 de febreiro, con tres novas viaxes á primeira hora da mañá e a creación de dúas novas paradas en Gran Vía. Segundo indicou Caballero, repartiranse 2.000 folletos informativos.
martes, 10 feb 2015
Este mércores, 11 de febrero, ás 19:00 h. Mª Xosé Queizán presenta no Centro de Documentación e Recursos Feministas o seu libro: "Emilia Pardo Bazán, unha nena seducida polos libros"
martes, 10 feb 2015
A Escola municipal de música de Vigo (EMMV) celebra o mércores 11 e xoves 12 de febreiro o Festival de Entroido. Para esta ocasión os alumnos e alumnas de Itinerario Básico I están a preparar un espectáculo musical baseado no conto "Dinosauro Belisario" de Pepe Cácamo e da editorial Kalandraka.
martes, 10 feb 2015
O Museo Liste de Vigo abre a convocatoria que rexerá o II Concurso Fotográfico, co que pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade. O tema proposto para este ano responde ao lema "Vigo: vestixios do pasado".