O Concello reforza as lanzadeiras ao CUVI ampliando percorridos e con novas paradas
O alcalde de Vigo anunciou este martes melloras no servizo de autobús urbano á Cidade Universitaria. As liñas U1 e U2 amplían os seus percorridosa partir do próximo 18 de febreiro, con tres novas viaxes á primeira hora da mañá e a creación de dúas novas paradas en Gran Vía. Segundo indicou Caballero, repartiranse 2.000 folletos informativos.
No transcurso dunha visita á humanización de Doctor Canoa, o alcalde de Vigo anunciou esta "mellora notable", co reforzo do servizo de autobús urbano á Cidade Universitaria a partir do próximo mércores, 18 de febreiro, cunha ampliación de percorridos e novas paradas.
En concreto, o Concello de Vigo e VITRASA establecen tres novos puntos de recollida á primeira hora da mañá. Trátase dos seguintes:
U1, que iniciaba o seu percorrido en Praza de América, arrancará agora de dous novos puntos de saída: Bouzas (Igrexa) ás 08.12 horas e seguirá por Camilo Veiga; e Navia (Teixugueiras, 29) ás 08.04 horas e continuará por Coia (Porriño, 9) e Avda. Castelao.
U2 realizará ás 08.02 horas unha nova viaxe, iniciando percorrido en García Barbón, 126 e realizando o seguinte traxecto: Sanjurjo Badía – Buenos Aires – Travesía de Vigo – Pizarro – Avda. Madrid – Universidade.
Ademais, créanse dúas novas paradas en Gran Vía que estarán en funcionamento a partir das 09.07 horas no caso da U1 (Gran Vía, 142) e das 08.00 horas no caso da U2 (Gran Vía, 151) para recoller aos usuarios. Outra das novidades do servizo é que, nas viaxes de regreso do campus, a U1 prolongarase ata Praza de España e a U2 continúa ata as inmediacións de Praza de América.
Para facer chegar a información aos usuarios, repartiranse 2.000 folletos explicativos que serán entregados a pé de parada e no interior do autobús, ademais de colgarse toda a documentación na páxina web da empresa e nas súas redes sociais. Caballero recordou que a diario empregan as dúas lanzadeiras ao CUVI máis de 3.000 persoas.