xoves, 12 feb 2015
O Índice de Transparencia 2014, elaborado pola organización Transparencia Internacional, situou ao Concello de Vigo como a cidade máis transparente de Galicia, con 95 puntos sobre 100. A Federación Española de Municipios e Provincias, segundo revelou hoxe xoves o alcalde, remitiu un escrito de felicitación no que agradece o "exemplo" vigués e o invita a sumarse á Rede de Entidades Locais pola Transparencia y Participación Cidadá.
xoves, 12 feb 2015
Tras unha reunión celebrada este xoves cos responsables de Aspanaex, o alcalde asegurou a colaboración do Concello no proxecto da entidade, que precisa con urxencia un novo piso co dobre de tamaño do actual para atender ás necesidades dos seus usuarios. Caballero recordou que o PXOM reserva ademais unha parcela en Castrelos para habilitar unha residencia permanente para Aspanaex.
xoves, 12 feb 2015
Caballero avanzou hoxe xoves que un voceiro dos enfermos de hepatite C que precisan tratamento urxente terá voz no próximo Pleno de finais deste mes. Logo de manter un encontro con afectados, o rexedor reiterou todo o apoio do Concello á "súa xusta causa, que a causa da vida".
xoves, 12 feb 2015
Abel Caballero destacou hoxe a importancia das máquinas de escribir como tetemuñas da evolución da industria e o traballo. Así o indicou durante a inauguración da mostra A máquina de escribir. Colección Sirvent que se poderá visitar na Cada das Artes ata o próximo 5 de abril.
xoves, 12 feb 2015
A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo inaugura a exposición "Coiro... aínda que non o pareza" xoves día 12 de febreiro ás 19 horas no Espazo EMAO, sala de exposicións da Escola (rúa Pontevedra/Rosalía de Castro).A idea central da exposición relaciónase coa técnica da Cor e o Volume, tanto dende a perspectiva decorativa como construtiva.O fío conductor desta mostra é amosar a inorme capacidade do coiro como soporte material ideal para unha grande variedade de técnicas pictóricas. <br />
xoves, 12 feb 2015
O venres día 13 comeza a programación do ENTROIDO 2015 na Porta do Sol coa "Entronización do MECO" ás 20:00 h, o pregón a cargo de MARIO VAQUERIZO, ás 20:15 h, para finalmente dar paso á actuación do grupo NANCYS RUBIAS.