O alcalde supedita a recuperación económica da cidade á reactivación do comercio local
Representantes de todas as asociacións de comercio da cidade coincidiron esta mañá ao felicitar ao Concello pola campaña de Nadal. Durante a celebración da Mesa do Comercio Local, o alcalde avanzou que, seguindo ese exemplo, o goberno local darálle un novo impulso ao Entroido e á Renconquista para seguir a fomentar a reactivación económica da cidade.
O goberno local recibiu esta mañá as felicitacións de todas as asociacións de comerciantes pola campaña do Nadal, un recoñecemento que se suma á distinción que xa lle fixera a Asociación de Comerciantes de Pontevedra coa entrega da medalla de ouro. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, a vontade do Executivo Local é seguir a pontenciar esa reactivación do comercio durante as próximas festas do Entroido e da Reconquista, para o que prolongará os días festivos e programará máis actividades nas rúas. Concretamente, a celebración que conmemora a expulsión dos franceses de Vigo durante e guerra da Independencia, estenderáse a dous fins de semana, en lugar de un, como viña sendo ata o de agora. En opinión do alcalde, estas actuacións son da maior importancia porque "a cidade non se recuperará económicamente ata que non se reactive o comercio local".
Todas as asociacións de comerciantes da cidade participaron hoxe mércores na Mesa de Comercio Local, que estivo presidida polo alcalde de Vigo e na tamén estiveron presentes os concelleiros de Comercio, Angel Rivas; de Turismo, Cayetano Rodríguez, de Seguridade, Carlos López Font; de Deportes, Manel Fernández, e de Emprego, Santos Héctor.
Descargar todas as imaxes