mércores, 11 febreiro 2015

O Concello promove con 3 días de concertos e audiovisuais a candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade

Caballero presentou este mércores "O Canto das Illas", un espectáculo musical e audiovisual no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro, en apoio á candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. Con pezas compostas especialmente para o evento, artistas como Iván Ferreiro, Sondeseu e a Coral Casablanca, entre outros, porán a música, mentres que o audiovisual correrá a cargo de Colette Dedyn (que fará arte con area) e do videomapping que será proxectado por todo o auditorio.

Caballero fixo entrega dos 24 premios do Concurso de Pintura Vigolandia 2014

mércores, 11 feb 2015

Máis de 2.500 nenos e nenas de Primaria, entre 6 e 12 anos, pertencentes a 23 colexios da cidade participaron no Concurso de Pintura Vigolandia 2014, certame no que este ano se recoñeceu a imaxinación e o talento de 24 pequenos artistas. O alcalde entregou os premios aos galardoados durante un acto no que louvou a capacidade artística de todos os participantes e, en especial, dos premiados.

"A máquina de escribir. Colección Sirvent" nova exposición da Casa das Artes

mércores, 11 feb 2015

O xoves, 12 de febreiro, inaugúrase ás 20:00 h na planta baixa da Casa das Artes a exposición "A máquina de escribir. Colección Sirvent". Promovida pola Concellería de Cultura, Festas e Museos e comisariada por Alfredo Sirvent e Mónica Maneiro, permitirá ao espectador achegarse ao universo da máquina de escribir en relación á súa importancia histórica no desenvolvemento do mundo da industria e o traballo.