Escoitar

Comeza o "ENTROIDO 2015"

O venres día 13 comeza a programación do ENTROIDO 2015 na Porta do Sol coa "Entronización do MECO" ás 20:00 h, o pregón a cargo de MARIO VAQUERIZO, ás 20:15 h, para finalmente dar paso á actuación do grupo NANCYS RUBIAS.

xoves, 12 feb 2015
1423749360entroido.jpg
O sábado 14 terá lugar o tradicional concurso de comparsas e carrozas, que comezarán a desfilar ás 18:00 h dende a rotonda de Isaac Peral e rematará na Porta do Sol.

O programa contará tamén coas tradicionais verbenas na Porta do Sol: o sábado 14 coa orquestra Filadelfia e o martes 4 coa orquestra Principal. Ademais, o sábado 14 teremos a actuación de KIKO VENENO a partir das 22:30 h.

Como novidade, o domingo 15, teremos a I Carreira Popular de Entroido "Concello de Vigo", coas modalidades absoluta e infantil.

No Auditorio "Mar de Vigo" desenvolveranse o luns 16 e o martes 17 o entroido infantil e o concurso de disfraces.

O martes 17 terá lugar a "Queima do Meco" na Porta do Sol, ás 23:00 h.

O Entroido 2015 rematará o mércores 18 co acompañamento da comitiva fúnebre, ás 18:30 h, dende a praza da Constitución, pasando pola Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e con remate na Porta do Sol. O enterro do Meco e a entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas, terá lugar ás 19:30 h, na praza da Constitución.
Descargar todas as imaxes

Máis información