Escoitar

Caballero compromete apoio municipal para ampliar o espazo de Aspanaex en Vigo

Tras unha reunión celebrada este xoves cos responsables de Aspanaex, o alcalde asegurou a colaboración do Concello no proxecto da entidade, que precisa con urxencia un novo piso co dobre de tamaño do actual para atender ás necesidades dos seus usuarios. Caballero recordou que o PXOM reserva ademais unha parcela en Castrelos para habilitar unha residencia permanente para Aspanaex.

xoves, 12 feb 2015
1423748873aspanaex.JPG
Abel Caballero indicou que a entidade precisa dunha residencia, un espazo permanente que xa contempla o Plan Xeral de Vigo na parroquia de Castrelos, para atender aos seus usuarios a medio prazo. No corto prazo, o goberno local apoiará a Aspanaex na procura dun piso co dobre de superficie do actual, unha necesidade de carácter urxente, segundo apuntou o rexedor.

O alcalde subliñou o "extraordinario traballo social" que realiza na cidade Aspanaex e instou á Xunta de Galicia a que apoie a institucións como ésta na súa función en Vigo.
Descargar todas as imaxes