Escoitar

O goberno local avanza na remodelación de tres quilómetros da estrada Matamá-Pazó

O alcalde de Vigo inspeccionou hoxe xoves o estado dos traballos de mellora dos máis de tres quilómetros do vial, desde a Estrada de Camposancos ata Leonardo Alonso, "mostra da nosa acción no rural". Acompañado, entre outros, polo concelleiro de Fomento, David Regades, Abel Caballero explicou que ademais de asfaltar toda a rúa, renovouse a sinalización horizontal.

xoves, 19 feb 2015
1424354571matama.JPG
O rexedor vigués indicou que esta obra de "asfaltado, humanización e remodelación" da estrada, con máis de tres quilómetros de lonxitude, é "a mostra da nosa acción no rural", que inclúe a renovación da sinalización horizontal e o recrecido de alcantarillas. Caballero concluíu que "esta é a nosa forma de actuar", con traballos de humanización tanto no centro coma no casco urbano, nas parroquias e no rural.

O Concello avanza nas obras de asfaltado da rúa, no tramo que vai desde a Estrada de Camposancos ata a rúa Leonardo Alonso, completando así os traballos de mellora que xa se realizara nesta rúa e en Canteiros (ata chegar a Castrelos). Estas obra realizáronse con persoal municipal.
Descargar todas as imaxes