Caballero apoia "con entusiasmo" a homenaxe de CC.OO. a persoas representativas do mundo laboral de Vigo
O alcalde mantivo unha reunión con representantes da Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras, xunto á súa secretaria comarcal, entidade sindical que ultima un recoñcemento a persoas do mundo laboral de Vigo polo seu apoio aos traballadores desde a ditadura ata a actualidade. "Sumámonos con entusiasmo á homenaxe", indicou Abel Caballero.