Escoitar

Caballero adianta que a humanización de Alonso Ojeda concluirá "en mes e medio"

O goberno local ten en marcha a mellora de Alonso Ojeda cun orzamento de 240.000 euros, obra que finalizará "en mes, mes e medio", estimou Caballero. Esta mañá o alcalde supervisou o estado dos traballos, acompañado polo concelleiro de Fomento, David Regades, e o edil de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor Rodríguez.

mércores, 18 feb 2015
1424267658humanizacion.JPG
O alcalde de Vigo achegouse nesta mañá de mércores á rúa Alonso Ojeda onde proseguen os traballos de humanización que, cun custo de 240.000 euros, concluirá "en mes, mes e medio". Tal e como explicou, vanse construir novas beirarrúas, soterrar o cableado, repavimentarase e mellorarase a urbanización, ademais de mellorar a drenaxe artificial e a eficiencia lumínica. "Estamos diante dunha humanización certamente moi notable", concluíu Caballero.

A actuación comprende 1.790 m2 de superficie, coa renovación de 723 m2 de beirarrúas e 95 m de pluviais. Tamén se instalarán 7 luminarias e 12 xardineiras. O rexedor estivo acompañado nesta visita, entre outros concelleiros, pola tenente de alcalde, Carmela Silva e o concelleiro de Fomento, David Regades.
Descargar todas as imaxes