Escoitar

O Concello deseña un plan de tráfico e melloras nas infraestruturas para Conxemar 2015

O alcalde mantivo esta mañá unha reunión con responsables de Conxemar, na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Tráfico, Carlos López Font e o xefe da Policia Local, Francisco Martínez. Durante o encontro, explicou o rexedor, deseñaron un plan de tráfico e melloras en infraestruturas para que a maior feira internacional do conxelado volva ser un éxito o próximo mes de outubro.

martes, 17 feb 2015
1424177988conxemar.JPG
Un novo plan de tráfico e melloras en infraestruturas son algúns dos asuntos abordados esta mañá no encontro que mantivo o rexedor co presidente, José Luis Freire, e outros responsables de Conxemar nunha reunión na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Tráfico, Carlos López Font, e o xefe da Policía Local, Francisco Martínez. Tal e como explicou o rexedor, estas modificacións son precisas para que a maior feira do conxelado do mundo volva ser "un éxito" o próximo mes de outubro. Caballero avanzou tamén que Conxemar necesita maís espazo e avogou por avanzar na planificación desta ampliación cando se recupere o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto.

Caballero lembrou que a feira de Vigo "batiu por golegada" ao intento de Barcelona de boicotear Conxemar e apuntou que é posible facer novas áreas dentro da feira para que haxa máis expositores. Rematou insistindo a importancia da feira na economía de Vigo.
Descargar todas as imaxes