Caballero di que o Canto das Illas "será un espectáculo único na historia da cidade"
O alcalde compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado dunha nutrida representación dos artistas que interveñen no Canto das Illas, un espectáculo que se vai representar os días 20, 21 e 22 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo. Caballero cualificou de "única na historia da cidade" unha iniciativa municipal, promovida para promocionar As Illas Cíes como patrimonio da humanidade da Unesco.
Abel Caballero reuníu hoxe a unha nutrida representación dos artistas que van dar vida ao Canto das Illas, o espectáculo que promove o Concello co obxectivo de que as Illas Cíes sexan declaradas patrimonio Humanidade. Na rolda de prensa estiveron presentes Rodrígo Romaní, compositor e director do proxecto; Javier Escobar, director artístico de la Orquestra Sinfónica Vigo430, Oscar Villar, director da Coral Casablanca; Lucía Martínez e Anxo Pintos, compositores; Cándido Cabaleiro, representante da Escola Municipal de Música e Xaquín Xesteira, da Etrad. Na súa intervención, Caballero agradeceu a súa implicación a todas ás institucións, orquestras, grupos e persoas representativas "do desenvolvemento da música e da cultura de Galicia e de España" por cooperar neste "obxectivo global de cidade" que é promocionar as Cíes. O Canto das Illas, un espectáculo musical e audiovisual "seguramente único na historia da cidade" representarase no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro.
Segundo explicou o alcalde, o acceso a O Canto das Illas -o espectáculo é o mesmo os tres días- será gratuito e as entradas repártense na lonxa do Concello desde o pasado luns 16 de febreiro. O venres, 20 de febreiro, o espectáculo comezará ás 21 horas e os días 21 e 22 de febreiro, ás 19 horas. A primeira hora de hoxe martes, detallou, xa se retiraran 1.000 entradas para o venres, 800 para o sábado e 550 para o domingo. Neste punto, Caballero non descartou realizar máis funcións se a demanda cidadá así o solicitara.
No nome da Orquesta 430, da Coral Casablanca, de Sondeseu e do Coro da Escola Infantil de Música tomou a palabra Rodrigo Romaní, compositor e director do proxecto. Indicou que unha das principais características do espectáculo é a vinculación entre artistas profesionais con afeccionados, así como simbolizar que Vigo "é a cidade galega con máis potencial musical, non só de aprendices senón tamén de profesionais de éxito, en todos os estilos". Lucía Martínez, que falou no nome dos compositores, amosou a "súa honra" por formar parte deste proxecto, e nos mesmos termos interviu o intérprete Anxo Pintos, quen cualificou o espectáculo de "único e audaz".
Esta iniciativa musical está composta de catro bloques escénicos nos que se estreará unha composición encargada especialmente para O Canto das Illas, e interpretadas por artistas de diferentes estilos. Entre os distintos bloques integraranse os elementos audiovisuais: o videomapping (proxeccións adaptadas á estrutura do entorno onde se realiza o evento) e Pintura en area, de Colette Dedyn.
O primeiro bloque escénico, chamado Illa Monteagudo, contará coa Orquesta Sinfónica Vigo 430 e o estreo absoluto de Pórtico de Monteagudo, obra para arpa e orquesta composta por Juan Durán, con Alba Barreiro como solista. O bloque Montefaro terá por protagonista a Lucía Martínez que actuará con mestres e o coro infantil da Escola Municipal de Música, que interpretarán unha obra orixinal da artista.
A continuación chegará o apartado San Martiño, no que actuará Sondeseu, con alumnos da ETRAD e os solistas serán Begoña Riobó e Anxo Pintos. O concerto proseguerá co cuarto bloque, Illa dos Deuses, que incluirá unha suite de Rodrigo Romaní, interpretada por Sondeseu, a Orquesta Vigo 430, a Coral Casablanda e un quinteto contemporáneo cos solistas Iván Ferreiro e Mónica de Nut, ademais do Coro Infantil da Escola Infantil de Música. "O canto das Illas" rematará un espetáculo que subirá ata 200 músicos ao escenario.
Descargar todas as imaxes