luns, 16 feb 2015
O resto do recinto deportivo abrirá no verán, segundo detallou este luns Abel Caballero tras unha visita aos traballos de construción do complexo. O Concello inviste case 9 millóns de euros e, xunto ao emprego da obra, xerará entre 30 e 50 postos de traballo cando entre en funcionamento. Engadido ao campo de fútbol 11 e o pavillón polideportivo, "o complexo deportivo de Navia será o máis importante de España", afirmou o alcalde.
luns, 16 feb 2015
O alcalde foi o encargado de entregar esta mañá o premio ao mellor deseño do IX Concurso de Carteis Reconquista 2015. Baixo o título "Voo da liberdade", o artista murciano Rubén Lucas García alzouse co triunfo entre outros 33 participantes.
luns, 16 feb 2015
O curso da auga é unha oferta para achegarlle á sociedade viguesa a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados coa auga, as embarcacións tradicionais, as lendas... Non é un curso de galego, se por iso entendemos gramática, ortografía, sintaxe... Mais si é unha acción formativa do galego, xa que imos ampliar o noso coñecemento da lingua propia de Galicia.