Escoitar

"Voo da liberdade" é o título gañador do IX Concurso de Carteis Reconquista 2015

O alcalde foi o encargado de entregar esta mañá o premio ao mellor deseño do IX Concurso de Carteis Reconquista 2015. Baixo o título "Voo da liberdade", o artista murciano Rubén Lucas García alzouse co triunfo entre outros 33 participantes.

luns, 16 feb 2015
1424092368carteles.JPG
O artista murciano Rubén Lucas García erixiuse este ano gañador do IX Concurso de Carteis Reconquista 2015, cun deseño titulado "Voo da liberdade". Tal e como explicou en rolda de prensa, este certame xa ten carácter nacional e nesta ocasión contou con 34 participantes de toda España. Outras dúas obras, "Loita" e "Loita" -unha delas dunha artista viguesa-obtiveron dous accésits do xurado. Caballero lembrou que o Concello decidiu este ano que a festa se prolongue durante dous fins de semana, en lugar de un, como se viña facendo ata o de agora.
Descargar todas as imaxes