Curso de auga salgada "Chegou o mar á ribeira"
O curso da auga é unha oferta para achegarlle á sociedade viguesa a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados coa auga, as embarcacións tradicionais, as lendas... Non é un curso de galego, se por iso entendemos gramática, ortografía, sintaxe... Mais si é unha acción formativa do galego, xa que imos ampliar o noso coñecemento da lingua propia de Galicia.
A auga salgada será o fío condutor desta actividade, que nos levará polo léxico, a fraseoloxía ou a toponimia. Achegarémonos á realidade de Vigo na súa copiosa relación coa agua (neste caso auga
salgada). O curso remata cunha saída a un areal da cidade. O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística e o polo Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Datas: 19, 24, 25 e 26 de febreiro; 3, 5, 10 e 12 de marzo
Lugar: Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas (rúa
Palma, 4. Casco Vello)
Horario: de 17:30 a 20:00
Duración do curso: 20 horas ( + saída de 2 horas a areal)
Para inscribirse deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono e
DNI) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org