venres, 20 feb 2015
A Xunta Local de Goberno deu luz verde ás bases reguladoras e á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro. Son 795.000 euros que permitirán crear preto de 200 empregos, segundo explicou o rexedor.
venres, 20 feb 2015
Segundo informou Caballero, a Xerencia de Urbanismo deste venres aprobou o proxecto de expropiación dos terreos para a futura Cidade da Xustiza de Vigo, con case 2,5 millóns de investimento, e iniciou igualmente a tramitación para contratar a redacción da ampliación do polígono industrial de Balaídos, "determinante para o futuro" da factoría de PSA en Vigo.
venres, 20 feb 2015
O alcalde de Vigo visitou este venres á factoría de Denso Sistemas Térmicos España, tras unha breve reunión coa cúpula diretiva, unha fábrica localizada en Vigo que vende unidades de aire acondicionado, calentadores e módulos de refrixeración integrados. Caballero salientou a "notable" organización e diversificación da planta como claves da súa "competitividade e produtividade"
venres, 20 feb 2015
O próximo 25 de febreiro ás 20,00 h comezará no Auditorio Municipal o espectáculo do Cuarteto Caramuxo, Vigo é musica, un repaso polas cancións máis representativas da cidade desde o século XVIII ata a actualidade. Este concerto, que contará coa voz da viguesa Mónica de Nut, esta organizado pola Fundación Vigueses Distinguidos, baixo patrocinio municipal.
venres, 20 feb 2015
Nunha reunión celebrada este venres na Alcaldía entre o rexedor, Abel Caballero, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento, ambas institucións acordaron "intensificar a cooperación", apuntou o alcalde, quen avanzou que "en poucos días faremos públicas decisións conxuntas" para afianzar a "boa" colaboración xa existente na actualidade.
venres, 20 feb 2015
A Concellería de Participación Cidadá programa para os meses de marzo, abril, maio e xuño cursos gratuítos de iniciación á informática e internet nas oficinas municipais de distrito. Os cursos teñen unha duración de 40 horas. <br />
venres, 20 feb 2015
Con motivo da suspensión do desfile de comparsas e carrozas previsto para o pasado sábado, 14 de febreiro, e á vista do posterior traslado de data ao domingo día 22 de febreiro ás 17,00 horas, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico que afectará principalmente a García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII: