Escoitar

Caballero cualifica a reforma de Balaídos de "soño cumprido despois de moitos anos de espera"

Caballero fixo esta mañá un recoñecemento ao Real Club Celta de Vigo polo seu papel "clave" neste gran proxecto de cidade que é a remodelación integral do estadio municipal de Balaídos. Durante a rolda de prensa na que Celta e empresa adxudicataria asinaron o contrato para reformar a grada de Tribuna Preferencia, Caballero reiterou a satisfacción da cidade por este "soño que tardou tantos anos en concretarse".

venres, 20 feb 2015
1424441452balaidos.JPG
O alcalde de Vigo presenciou esta mañá a sinatura do contrato entre o presidente do Real Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e o responsable da empresa adxudicataria das obras de Tribuna Preferencia, que arrancarán de xeito inmediato e remtarán o próximo 20 de maio, según previsións. Tal e como explicou o rexedor, este acto supuxo a "certificación dunha transformación histórica", impulsada polo Concello e polo propio clube, nun proceso "que transcende o concreto, que fai realidade un gran proxecto de cidade". Logo de cualificar ao Celta de "clave" no devenir do presente e do futuro da cidade, reiterou que "a cidade percibe estas obras desde a satisfacción" porque conseguimos un "soño que levamos moito tempo demandando e esperando". Neste punto, déulle as grazas no nome da cidade á directiva do clube e "singularmente" ao seu presidente, "persoa que se convertiu en "clave" na transformación de Vigo

Estas obras están enmarcadas no convenio de colaboración asinado entre o rexedor e o presidente do Celta, Carlos Mouriño, para e execución das actuacións comprendidas no Plan Director de remodelación e modernización do estadio municipal.
Descargar todas as imaxes