Pleno da Corporación
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 2
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 23 de FEBREIRO de 2015, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: (Acta ordinaria do 22.12.2014).
.- Intervención de Dª. Xulia Alonso Díaz para expor a problemática dos afectados/as pola enfermidade da "Hepatite C". Expte. 1049/1101.
2.- Declaracións institucionais.
3.- Ditames das comisións informativas:
ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.1.- Dar conta do Decreto da Alcaldía polo que se aproba a Liquidación do Orzamento deste Concello e dos seus organismos autónomos correspondente ó ano 2014. Expte. 102474/140 (Rexistro Pleno 1044/1101).
3.2.- Dar conta do informe do interventor xeral de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e análise do cumprimento da regra de gasto 2014. Expte. 102476/140 (Rexistro Pleno 1045/1101).
3.3.- Aprobación inicial da Modificación Orzamentaria núm. 9/2015. Suplemento de Crédito. Amortización extraordinaria préstamos concertados nos anos 2010 e 2014. Expte. 29/142 (Rexistro Pleno 1043/1101).
3.4.- Aprobación inicial da Modificación Orzamentaria núm. 10/2015. Crédito extraordinario, para o financiamento das obras dos proxectos de remodelación e modernización do estadio de fútbol de Balaídos e outros campos. Expte. 30/142 (Rexistro Pleno 1057/1101).
URBANISMO
3.5.- Aprobación definitiva do Plan Especial de protección e acondicionamento do Monte da Mina. Expte. 13677/411 (Rexistro Pleno 1047/1101).
4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.
5.- Mocións:
5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG demandando da Xunta de Galicia a constitución e convocatoria dos consellos de saúde de área para cumprir coa participación social e territorial da cidadanía. Expte. 1056/1101.
5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando ao goberno da Xunta a atender os arranxos nas estradas da cidade da súa competencia e manter a totalidade dos viais en perfecto estado. Expte. 1059/1101.
5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a cumprir o seu compromiso coa cidade e dotar orzamentariamente o Plan de Infraestruturas prometido hai seis anos. Expte. 1060/1101.
5.4.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia e ó Goberno do Estado a derrogación da reforma laboral, a eliminar a discriminación salarial xuvenil e outros acordos complementarios. Expte. 1061/1101.
6.- Asuntos ou mocións urxentes.
PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.
1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.
3.- Comparecencias de membros da Corporación.
4.- Mocións.
4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a creación do Plan "Vigo industria 4.0" para o apoio e fomento do sector industrial de Vigo. Expte. 1052/1101.
4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a recuperación do programa "Noites Vivas" actualizado ás necesidades da mocidade viguesa no ano 2015. Expte. 1053/1101.
4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a adaptación da escaleira mecánica da rúa II República que permita a utilización as persoas con mobilidade reducida. Expte. 1055/1101.
4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.
5.- Formulación de rogos.
6.- Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E TRES DE FEBREIRO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 19 de febreiro de 2015
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.