Escoitar

O goberno local adica case 800.000 euros para fomentar o emprego en entidades sen ánimo de lucro

A Xunta Local de Goberno deu luz verde ás bases reguladoras e á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro. Son 795.000 euros que permitirán crear preto de 200 empregos, segundo explicou o rexedor.

venres, 20 feb 2015
A Xunta Local de Goberno aprobou as bases e a convocatoria de subvencións para o fometno do emprego de entidades sen ánimo de lucro. Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, os 795.000 euros deste programa servirán para crear preto de 200 empregos. Tal e como detallou, as entidades veciñais e culturais se repartirán 150.000 euros; as sociais e asistenciais, 200.000 euros; as sindicais, 100.000 euros; as empresariais, 200.000 euros e, finalmente, as comunidades de montes, 145.000 euros.

O goberno local tamén deu luz verde á adxudicación do expediente de subministración e instalación de elementos de xogo no Parque de Castrelos. Cun importe de 257.000 euros e un prazo de execución de dous meses, actuarase nunha supeficie de 4.700 m2. Tal e como explicou o rexedor, retiraránse todos os elementos existentes para instalar unha tirolina, 8 columpios, un trampolín, dous equipos combinados, 1 estructura tridimensional de cordas, xogos de rotación, xogos de area, sistemas anticans e 75 metros lineais de valla metálica.

Seguindo cos parques, tamén na Xunta de Goberno desta mañá deuse luz verde á clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- de contratación por procedemento aberto do servizo de conservación e reposición de parques infantís e áreas biosaludables. Trátase dun contrato de 4 anos, prorrogables outros dous, por un importe de 1.412.609 euros. O rexedor resaltou que desde 2007, creáronse 150 parques infantís e 70 biosaudables, entre novos e reformados.