Caballero subliña a "competitividade e produtividade" de Denso, con 330 empregados
O alcalde de Vigo visitou este venres á factoría de Denso Sistemas Térmicos España, tras unha breve reunión coa cúpula diretiva, unha fábrica localizada en Vigo que vende unidades de aire acondicionado, calentadores e módulos de refrixeración integrados. Caballero salientou a "notable" organización e diversificación da planta como claves da súa "competitividade e produtividade"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu na mañá deste venres á factoría de Denso na cidade, onde mantivo un breve encontro coa dirección para visitar a continuación ás instalacións dunha empresa na que traballan uns 330 profesionais.
Caballero definiuna como "unha factoría excepcional, cun nivel de organización certamente moi notable" e capacidade de compitir no mercado interno e externo. O rexedor salientou que o plantel está formado por 330 empregados, divididos case ao 50% entre homes e mulleres, e cunha medida de idade de 36 anos. Singularizou o alcalde o sistema de organización da factoría e o seu "nivel de diversificación moi importante", básicos para a súa "competitividade e produtivadade" .
Denso Sistemas Térmicos España S.A adícase principalmente á fabricación e venda de unidades de aire acondicionado, calentadores e módulos de refrixeración integrados, con PSA Vigo como un dos seus clientes máis destacados.
Descargar todas as imaxes