O Concello tramita a ampliación do polígono de Balaídos a expropiación do solo para a Cidade da Xustiza
Segundo informou Caballero, a Xerencia de Urbanismo deste venres aprobou o proxecto de expropiación dos terreos para a futura Cidade da Xustiza de Vigo, con case 2,5 millóns de investimento, e iniciou igualmente a tramitación para contratar a redacción da ampliación do polígono industrial de Balaídos, "determinante para o futuro" da factoría de PSA en Vigo.
Abel Caballero deu conta dos principais asuntos abordados na Xerencia de Urbanismo celebrada este venres, entre os que destacou a aprobación inicial do proxecto de expropiación dos terreos para a futura Cidade da Xustiza de Vigo. O investimento achégase aos 2,5 millóns de euros e o expediente afecta a case 6.000 metros cadrados de superficie, 16 parcelas e 8 vivendas.
Apuntou o rexedor vigués que no verán a Xunta de Galicia terá a disposición os terreos e laiouse que o goberno autonómico non teña partida económica nin un anteproxecto elaborado para o futuro edificio dos xulgados vigueses.
En segundo lugar, tamén adoptouse a decisión "moi importante" da incoación do expediente de contratación da redacción do Plan Parcial "Ampliación do Polígono Industrial de Balaídos", "determinante para o futuro" da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën. "Imos poñer a diposición de Citroën 50.000 metros cadrados", concluíu Caballero, que agarda garantir con esta ampliación a presencia na cidade de PSA durante o próximo "cuarto de século".
Ensanche e Cidade Central
Tamén esta mañá, a Xerencia de Urbanismo validou a incoación do expediente de contratación do servizo de redacción das fichas do Plan Especial do Ensanche e Cidade Central, un texto que recollerá un total de 870 catalogacións de edificios nun área superior ás 74 hectáreas de superficie.
Explicou Caballero que un equipo profesional composto por alomenos 13 arquitectos se encargará da redacción das fichas, que recollerán os edificios catalogados e elementos a protexer en oito zonas da cidade: Praza de Compostela, Marqués de Valladares, Areal, Príncipe, Ecuador, Churruca, Romil e Casablanca. "Seguimos no proceso de dinamización da cidade de Vigo", indicou.
O alcalde avanzou que a previsión é licitar no próximo mes de abril este contrato de redacción, que presentará un prazo de execución de dous meses. Por último, a Xerencia deu conta da concesión de 11 licencias de obra e 2 de actividade para un investimento total de 262.000 euros.