O goberno local data para "maio ou xuño" o remate da humanización de Rosalía de Castro
Caballero avanzou este martes, durante unha visita aos traballos de reforma, que a humanización en marcha en Rosalía de Castro concluirá en "maio ou xuño". Cun investimento de 2 millóns de euros, o vial mellorará o tráfico con dúas novas rotondas nos cruces con Oporto e Canceleiro, renovará case 2,5 quilómetros de canalizacións e sumará novo arborado e xardineiras.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes os traballos de humanización que executa o goberno local en Rosalía de Castro, unha primeira fase que abrangue desde República Arxentina ata a rúa Canceleiro, e que estará concluida entre os meses de maio e xuño, segundo estimou.
A reforma supón un investimento de 2 millóns de euros para unha actuación total sobre 10.000 metros cadrados de superficie, dos que case a metade serán novas beirarrúas de granito. Explicou Caballero que a humanización contempla ademais a renovación de preto de 2,5 quilómetros de canalizacións soterradas, tanto de saneamento como de abastecemento, a instalación de 120 novas luminarias e 250 metros lineais de xardineiras.
Unha vez completada a humanización, o treito entre República Arxentina e Oporto quedará con dous carrís de circulación por sentido e estacionamento en liña a ambos lados, cunha mediana vexetal de separación e beirarrúas de ata 5 metros de ancho. Entre Oporto e Canceleiro continuará a mediana de separación e o ancho das beirarrúas, e o estacionamento será en batería, cun carril por sentido da circulación. Os obxectivos da actuación pasan por mellorar a seguridade viaria, coa creación da nomeada nova mediana e regulando o tráfico nas interseccións coa incorporación de dúas novas glorietas, á altura de Oporto e Canceleiro.
Abel Caballero salientou que as árbores de Rosalía de Castro foron "maltratadas e danadas" durante anos e "non resistían na súa ubicación actual", estando podres algúns exemplares e os restantes serán prantados noutras localizacións. Laranxeiras e olivos serán as novas especies para a rúa tras a reforma, "o mellor tipo de árbores que se poden prantar nesta cidade", concluíu o rexedor.
Descargar todas as imaxes