Escoitar

O goberno de Vigo concluirá nun mes a segunda fase da humanización da rúa Toledo

Así o avanzou este mércores Abel Caballero, durante unha visita realizada aos traballos de reforma da rúa Toledo, entre Mestre Soutullo e Leandro Alonso Martínez. O Concello adica a este mellora case 200.000 euros, que resolverá "serios problemas" existentes no abastecemento e no saneamento e un estreitamento da rúa.

mércores, 25 feb 2015
1424868069toledo.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores os traballos de humanización que executa o goberno local na rúa Toledo, nunha segunda fase que vai desde Mestre Soutullo ata Leandro Alonso Martínez.

O Concello inviste case 200.000 euros nesta reforma, que concluirá no prazo dun mes. Antes da obra, explicou Caballero, a rúa Toledo presentaba "serios problemas de saneamento e abastecemento" de agua, que serán solventados coa humanización en marcha, e tiña ademais un estreitamento no vial que foi resolto co retranqueamento dun muro para dar continuidade á beirarrúa.

Caballero salientou que a de Toledo é "unha humanización como corresponde", con renovación das redes de canalización soterradas, a instalación de novas redes de rego e alumeado público, o soterramento das liñas aéreas existentes e con novos puntos de luz, xardineiras e papeleiras.
Descargar todas as imaxes