venres, 27 feb 2015
O alcalde denunciou que Vigo xa destinou 5 millóns para a nova sede xudicial e a Xunta de Galicia, encargada de construila, non ten orzamento ao efecto. Caballero informou que na Xerencia de Urbanismo deste venres deuse conta da resolución pola que o Concello inicia o procedemento para o recoñecemento e determinación da forma de materialización dos dereitos de realoxo dos afectados pola expropiación dos terreos.
venres, 27 feb 2015
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases para a adxudicación das 616 prazas en escolas infantís que oferta o Concello nos seis centros que xa están en funcionamento e nas de Mestres Goldar e Navia, pendentes só da autorización da Xunta. Caballero deu conta do mantemento dos prezos, que non aumentan desde o ano 2007.
venres, 27 feb 2015
Galiexpo Motorshow abre as súas portas esta fin de semana no recinto feiral do Ifevi na que xa é a súa novena edición. Durante a inauguración, Caballero animou a todo Vigo a achegarse a "esta gran feira do automóbil e da náutica" na que se combina negocio e ocio.
venres, 27 feb 2015
Tras a entrevista celebrada este venres, o alcalde anunciou que o goberno local colaborará co equipo de 15 estudantes de Industriais de Vigo, que deseñou e construirá un vehículo de carreiras co que competir na Fórmula Student contra outras universidades europeas. Para Caballero, o proxecto constata a "enorme capacidade de desenvolvemento tecnolóxico que ten esta Universidade".
venres, 27 feb 2015
O domingo 1 de marzo, o 14º Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo ofrecerá unha programación especial adicada ao traballo da compañía VOADORA. Presentaranse en varios espazos da cidade parte dos espectáculos que marcaron a traxectoria da compañía.A partir de 16h en Casa de Arínes, Auditorio do Concello e Auditorio Afundación. Haberá un bus que traslade ao público dun sitio para outro e os traslados tamén serán aproveitados pola compañía para realizar fotogramas da peza Super 8. O ALT está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos. <br />
<br />
venres, 27 feb 2015
O sábado 28 de febreiro, no Auditorio Municipal do concello (praza do Rei, 1) Ás 18:00. As portas abriranse ás 17:45. Prazas limitadas ata completar as localidades. Duración: 50 minutos. Para público familiar (+ 6 anos) Máis información na web: snl.vigo.org e no facebook: Vigo en galego
venres, 27 feb 2015
A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de data 23 de febreiro de 2015, aprobou a Convocatoria e as Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Ourivería na Escola Municipal de Artes e Oficios.