Escoitar

O Concello cooperará cos universitarios vigueses que competirán na Fórmula Student

Tras a entrevista celebrada este venres, o alcalde anunciou que o goberno local colaborará co equipo de 15 estudantes de Industriais de Vigo, que deseñou e construirá un vehículo de carreiras co que competir na Fórmula Student contra outras universidades europeas. Para Caballero, o proxecto constata a "enorme capacidade de desenvolvemento tecnolóxico que ten esta Universidade".

venres, 27 feb 2015
1425042481estudiantes.JPG
A Fórmula Student é unha competición interuniversitaria europea orientada a promover entre o alumnado de enxeñería o desenvolvemento do talento e da innovación, mediante o deseño e construción dun prototipo de competición para os circuítos clásicos da Fórmula 1.

Vigo súmase este ano á competición co proxecto dun grupo duns 15 alumnos de Industriais. baixo o nome "Uvigo MotorSport". Contan con deseño xa rematado e agora traballan no salto á fase de construción do vehículo, para o que buscan o apoio de empresas e institucións.

Abel Caballero, tras a reunión mantida este venres con parte do equipo, garantiu a cooperación municipal e salientou que o deseño e a construción do prototipo parten desde Vigo, o que amosa a "enorme capacidade de desenvolvemento tecnolóxico que ten esta Universidade".
Descargar todas as imaxes