O goberno local avanza na Cidade da Xustiza coa tramitación dos dereitos de realoxo dos afectados
O alcalde denunciou que Vigo xa destinou 5 millóns para a nova sede xudicial e a Xunta de Galicia, encargada de construila, non ten orzamento ao efecto. Caballero informou que na Xerencia de Urbanismo deste venres deuse conta da resolución pola que o Concello inicia o procedemento para o recoñecemento e determinación da forma de materialización dos dereitos de realoxo dos afectados pola expropiación dos terreos.
Caballero asegurou que trátase dunha "resolución moi importante" para a futura Cidade da Xustiza, que da continuidade á aprobación do proxecto de expropiación -que pasou pola Xerencia de Urbanismo da semana pasada- cun investimento superior aos 2,3 millóns.
A expropiación dos terreos está "absolutamente en marcha", afirmou o alcalde, con achegas do Concello por valor de 5 millóns de euros. Caballero estimou que o goberno local estará en condicións de ceder os terreos á Xunta de Galicia no verán, en cambio a administración autonómica, encargada de construir a nova sede xudicial, carece de partida económica, segundo denunciou.
Por outra banda, a Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento doutras 14 resolucións xudiciais favorables aos intereses do Concello. Caballero indicou que "gañamos todos os procedementos xudiciais en marcha" e asegurou que o urbanismo vigués é agora "pulcro, transparente e con seguridade xurídica".