Escoitar

O Concello acomete a humanización de María Berdiales cun orzamento preto aos 650.000 euros

Acompañado de varios concelleiros do goberno que preside, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu na mañá deste xoves a María Berdiales para supervisar a evolución dos traballos de humanización que acomete o Concello nunha rúa "no corazón de Vigo" que está "absolutamente rota, con afundimentos continuos".

xoves, 26 feb 2015
1424959006berdiales.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves os traballos de humanización que realiza o goberno local en María Berdiales, cun investimento próximo aos 650.000 euros.

O rexedor vigués afirmou que María Berdiales, "no corazón de Vigo", está "absolutamente rota, pulverizada, con afundimentos continuos" que obrigaban ao goberno local a reparar o adoquinado "cada cinco ou seis meses". Xunto á mellora en superficie, Caballero apuntou que se renovará a canalización de auga xa que a rede actual está "extraordinariamete estropeada" e o arborado "adáptase mal á rúa, non ten luz suficiente", polo que serán transprantados os exemplares existentes.

Como ven sendo habitual, a reforma contempla a renovación das canalizacións de servizos como a abastecemento de auga ou o alumeado público, ademais de dispor de case un quilómetro dunha nova rede de rego. Segundo trasladou Caballero, a humanización contempla 22 novos puntos de luz con iluminación de baixo consumo, 8 axardinamentos na contorna das zonas reservadas para o lixo, 120 metros lineais de xardineiras e 44 novas árbores.
Descargar todas as imaxes