O Concello coopera con "hazlasvisibles", unha campaña para sensibilizar sobre as doencias raras
O Concello colaborará cos actos programados na cidade o próximo 28 de febreiro, día mundial das enfermidades raras. Baixo o lema "hazlasvisibles", MedicalEPS organiza unha campaña de sensibilización dunha problemática que afecta a máis de tres millóns de persoas en España e 200.000 mil en Galicia.
Vigo súmase á celebración, o próximo sábado 28 de febreiro, do día mundial das enfermidades raras que organiza MedicalEPS, coa cooperación do Concello. Baixo o lema de "hazlasvisibles", diseñouse unha campaña de divulgación dunha problemática que afecta a máis de 3 millóns de persoas en España e 200.000 en Galicia.
Na presentación en rolda de prensa, Caballero trasladou a satisfacción do Concello por cooperar nas actividades organizadas o próximo sábado, que se centrarán en seis puntos neurálxicos da cidade: Praza de América-Travesas; Praza da Independencia; rúa Príncipe; Casco Vello; zona peonil do Calvario e zona do Porto. Desarrollaránse actividades de concienciación familiar con entrega de folletos por parte de voluntarios, obradoiros infantís, ademais de invitar a todo o mundo a pintarse unha liña verde baixo o ollo esquerdo como símbolo de apoio a esta campaña.
Ademais, este fin de semana celebrarase no Ifevi Galiexpo Motorshow, que dará o seu apoio á divulgación do evento con varios coches chamativos que percorrerán a cidade con bandeiras ondeando nas que se leerá o lema da campaña.
Xa pola tarde, entre las 19,00 e as 20,00 horas, organizarase na Praza da Constitución (se chove será no Centro Comercial A Laxe) un "flashmove" con música e baile, unha acción solidaria a cargo do conservatorio vigués Mayeusis, xunto con varios coreógrafos galegos e bailaríns voluntarios. Rematará o acto coa letura dun manifesto.
Caballero estivo acompañado durante a rolda de prensa de Alberto Peña, de MedicalEPS; Francisca López y Carmen Rodríguez, de Fegerec; Jesús Sueiro, de Aganfec; Jesús Gómez, de Vitman; Marcos Fernández (BBVA); Felipe Rodríguez (Mayeusis); Patricia Rodríguez (CC A Laxe); Alberto González (OPCON) e Daniel Lorenzo, de Sicom.
Descargar todas as imaxes