O alcalde leva ao Pleno do Consorcio a participación de Zona Franca na remodelación de Balaídos
Na tarde deste mércores, Abel Caballero planteará ao Pleno da Zona Franca unha declaración para que o Consorcio participe na reforma do estadio, negociando co Concello a remodelación da bancada de Marcador. O alcalde amosou o seu "convencemento absoluto" de que Zona Franca pode reformar "a totalidade ou unha parte" da recinto, dentro da normativa e do seu equilibrio económico.
O alcalde e presidente da Zona Franca de Vigo, Abel Caballero, porá este mércores sobre a mesa do Pleno do Consorcio a súa participación na reforma integral do estadio de Balaídos.
A sesión plenaria desta tarde tomará coñecemento da reforma do estadio, onde o alcalde planteará a participación da Zona Franca mediante a remodelación da bancada de Marcador. Para iso, Abel Caballero aportará unha declaración formal na que se propón desde o Pleno do Consorcio a participación da entidade estatal, negociando co Concello a remodelación da bancada de Marcador, sempre cumprindo coa normativa aplicable á Zona Franca e dentro do equilibrio económico esixido para ás súas operacións.
Caballero amosou o seu "convencemento absoluto" de que Zona Franca pode facer "a totalidade ou unha parte" da obra de Marcador, mantendo o seu equilibrio orzamentario, "condición que Zona Franca sempre ten que cumplir", indicou o tamén presidente do Consorcio. O obxectivo desta declaración, manifestou Caballero, é que a delegada da Zona Franca de Vigo se sinta "respaldada" desde o Pleno do Consorcio para iniciar unha negociación e eventualmente acometer a reforma da citada bancada.
Descargar todas as imaxes