mércores, 25 feb 2015
Así o avanzou este mércores Abel Caballero, durante unha visita realizada aos traballos de reforma da rúa Toledo, entre Mestre Soutullo e Leandro Alonso Martínez. O Concello adica a este mellora case 200.000 euros, que resolverá "serios problemas" existentes no abastecemento e no saneamento e un estreitamento da rúa.
mércores, 25 feb 2015
O Concello deu luz verde ás bases reguladoras do servizo de bonotaxi para persoas afectadas por graves deficiencias na súa mobilidade e que non poden usar transporte público. O importe da partida é de 25.000 euros.
mércores, 25 feb 2015
O Concello colaborará cos actos programados na cidade o próximo 28 de febreiro, día mundial das enfermidades raras. Baixo o lema "hazlasvisibles", MedicalEPS organiza unha campaña de sensibilización dunha problemática que afecta a máis de tres millóns de persoas en España e 200.000 mil en Galicia.
mércores, 25 feb 2015
Caballero mantivo este mércores un encontro cos responsables da Asociación, fixeron un repaso á situación actual da mesma e o alcalde garantíulles "todo o apoio que merece" ás accións propostas, como a mellora da sala de ximnasia e da terraza, a renovación do parque infantil ou a creación de novas pistas de petanca.
mércores, 25 feb 2015
Está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro "Xénero e Fomento da Igualdade" de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres e que organiza a Concellería de Igualdade.As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.Inscrición previa desde o día 6 de febreiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.