O goberno local subvenciona con 25.000 euros o servizo de bono taxi para discapacitados
O Concello deu luz verde ás bases reguladoras do servizo de bonotaxi para persoas afectadas por graves deficiencias na súa mobilidade e que non poden usar transporte público. O importe da partida é de 25.000 euros.
A Xunta Local de Goberno ven de aprobar as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións destiñadas a proporcionar, mediante o uso do bonotaxi, un medio de transporte alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves deficiencias na súa mobilidade. Dotado cun orzamento de 25.000 euros, os requistos para beneficiarse deste servizo é estar empadorado en Vigo e cumprir cos requisitos económicos. As achegas oscilan entre os 100 e os 300 euros, en función dos ingresos do solicitante. Tal e como explicou o rexedor, estas bases están a punto de publicarse no BOP e, a continuación, abrirase o prazo de solicitude.
Na Xunta de Goberno do pasado venres 20 tamén se deu luz verde ao proxecto de reparación e mantemento da rúa Esperanto, cun importe de 172.000 euros, ademais de nomear a dirección facultativa para iniciar a primeira fase da humanización da rúa Gregorio Espino, cun orzamento de preto de 300.000 euros. Tamén se deu conta da tramitación dos expedientes de renovación das redes de abastecemento e saneamento da Fase I, 145.000 euros, e da fase 2, 782.000 euros. Deste xeito, explicou o rexedor, continúa a revolución das humanizacións, da renovación de saneamento e abastecemento e o aprovisionamento de zonas verdes, en lugares que levaban cen anos sen ser atendidas.