Escoitar

Obradoiro Xénero e Fomento da Igualdade

Está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro "Xénero e Fomento da Igualdade" de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres e que organiza a Concellería de Igualdade.As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.Inscrición previa desde o día 6 de febreiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.

mércores, 25 feb 2015
1424864330arquivoobradoiro.jpg
Obradoiro: "XÉNERO E FOMENTO DA IGUALDADE".

Dirixido a : homes e mulleres maiores de 18 anos.

Contidos:

.- Marco Conceptual. O sistema sexo-xénero
.- Estereotipos de Xénero. Análise da socialización diferencial e a publicidade e a prensa
.- A situación dos homes e as mulleres galegas. Educación; situación laboral; participación política etc.
.- Comunicación en igualdade. A expresión dos nosos desexos. A resolución pacífica dos conflitos. O bo trato cara un ou unha mesma e cara os demáis.
Retos de futuro. A globalización e o xénero. Introducción á economía feminista.


Período e horarios:os martes desde o 3 de marzo ata o 28 de abril de 18.00 a 20.30 h. (8 sesións, 20 horas de duración total)
Descargar todas as imaxes