Escoitar

Aprobación inicial da modificación puntual Nº 10 do PXOM de Vigo, ámbito da APRA-4-09 Calvario 6, en execución da sentenza Nº 135/2013 do TSXG <br />

venres, 27 feb 2015
O Pleno do Concello en sesión do 9 de febreiro de 2015 acordou :

"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente a "Modificación Puntual nº 10 do PXOM de Vigo, no ámbito da APR A-4-09 CALVARIO 6, en execución da sentenza de 21.02.2013 do TSXG" V.1, formulada polos servizos técnico-xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo en outubro de 2014, en cumprimento da Resolución da Vicepresidenta da XMU de día 23.10.2013.
SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOGA e en dous dos periódicos de maior difusión da provincia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, se dará audiencia aos Concellos limítrofes.
TERCEIRO: Aos efectos do artigo 77.2 da LOUGA, determinar expresamente que o ámbito afectado pola suspensión de licenzas correspóndese coa couzada comprendida entre a rúa San Roque, Gregorio Espino e Reiseñor, cos seguintes límites: Norte e Oeste, Rúa San Roque (entre os número 96 a 162 A); Sur, Rúa Reiseñor (entre os números. 1 e o 15 A) e Leste: Avenida de Gregorio Espino (entre os números 18 e 34); e que se reflicte no plano de delimitación que figura na Memoria desta modificación puntual, se ben poderán concederse aquelas licenzas baseadas no réxime vixente que respecten as determinacións do novo planeamento, en atención ao disposto no artigo 120.1 do RPU.
CUARTO: Ordenar a publicación do presente acordo, así como da documentación técnica conformante da modificación puntual inicialmente aprobada, na web do Concello de Vigo.
QUINTO: Dar traslado do presente acordo á Asesoría Xurídica para o seu coñecemento e efectos oportunos."

Abrése un trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOGA e en dous dos periódicos de maior difusión da provincia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, se dará audiencia aos Concellos limítrofes.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.