O alcalde rubrica a cesión de 50.000 metros cadrados para o novo proxecto de Citroën en Vigo
Abel Caballero asinou este venres coa delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa, o convenio segundo o cal o Concello cede 50.000 metros cadrados en Balaídos para o desenvolvemento da factoría viguesa de PSA. O rexedor asegurou que, grazas a este acordo, Vigo poderá competir e optar á construción de novos modelos.
O convenio, indicou Caballero, é "da maior importancia na historia da cidade" pois permitirá a PSA Vigo contar con 50.000 metros cadrados máis para o seu "novo desenvolvemento" e organización, ademias de facer posible que Balaídos opte no futuro á construcción de novos modelos da empresa francesa.
O automóbil é "clave" tanto en España como en Vigo, onde este sector xera 24.000 empregos, segundo indicou Abel Caballero. "É o corazón da nosa economía", apuntou, que precisaba desde "esforzo" para "potenciar a industria da automoción en Vigo".
Descargar todas as imaxes