APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 11 DO PXOM, DE VIGO NO AMBITO DO PERI IV-01 SAN ROQUE EN EXEUCIÓN DAS SENTENZAS 788/2012 E 259/2013 DO TSXG
O Pleno do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do día 9 de febreiro de 2015, adoptou o seguinte acordo:
"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente a «Modificación Puntual nº 11 do PXOM de Vigo, no ámbito do PERI IV-01 SAN ROQUE, en execución das sentenzas 259/2013 e 788/2012 do TSXG" V.1, formulada polos servizos técnico-xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo en novembro de 2014, en cumprimento da Resolución da Vicepresidenta da XMU de día 25.12.2013.
SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOGA e en dous dos periódicos de maior difusión da provincia. Simultáneamente e durante o mesmo prazo, se dará audiencia aos Concellos limítrofes.
TERCEIRO: Aos efectos do artigo 77.2 da LOUGA, determinar expresamente que o ámbito afectado pola suspensión de licenzas correspóndese co comprendido entre os seguintes límites: Norte, Rúa Pizarro (entre os números 16 a 26) e Rúa Colombia (entre o 2 e o 22); Sur, Rúa Couto de San Honorato (entre os números 1 a 99, agás os números 11 a 13); Leste, Rúa Couto Piñeiro (entre o 10 e o 32) e Oeste, Rúa Vázquez Varela (entre o 45 e o 61, agás os números 49, 55 e 57; e que se reflicte no plano de delimitación que figura na Memoria desta modificación puntual, se ben poderán concederse aquelas licenzas baseadas no réxime vixente que respecten as determinacións do novo planeamento, en atención ao disposto no artigo 120.1 do RPU.
CUARTO: Ordenar a publicación do presente acordo, así como da documentación técnica conformante da modificación puntual inicialmente aprobada, na web do Concello de Vigo.
QUINTO: Dar traslado do presente acordo á Asesoría Xurídica para o seu coñcemento e efectos oportunos."
Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase a disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen convenientes.