Escoitar

O festival de teatro alternativo de Vigo ALT organiza unha festa marathon

O domingo 1 de marzo, o 14º Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo ofrecerá unha programación especial adicada ao traballo da compañía VOADORA. Presentaranse en varios espazos da cidade parte dos espectáculos que marcaron a traxectoria da compañía.A partir de 16h en Casa de Arínes, Auditorio do Concello e Auditorio Afundación. Haberá un bus que traslade ao público dun sitio para outro e os traslados tamén serán aproveitados pola compañía para realizar fotogramas da peza Super 8. O ALT está organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos. <br /> <br />

venres, 27 feb 2015
1425036032prealt.jpg
A programación comezará ás 16:00 h cunha mesa redonda na Casa de Arines, continuando ás 17:00 h no Auditorio Municipal do Concello coa obra "Quen goste de poesía que grite: "Miseria"", ás 18:00 h no Auditorio de Afundación con "Waltz" e rematando ás 20:00 h de novo no Auditorio Municipal do Concello coa obra "Tokio3.

As entradas atópanse á venda no servizo de Servinova (www.servinova.com) a un prezo de 15 € anticipada; o día da maratón serán a 17 €.


A compañía VOADORA (que arrasa nas nominacións deste ano dos Premios María Casares)nace en 2007 integrada polo actor-músico Hugo Torres, o produtor-realizador-músico José Díaz e a directora-actriz-artista plástica Marta Pazos. Con sede en Santiago de Compostela, o seu espírito nómada lévalle a desenvolver sempre os seus proxectos e residencias artísticas entre Portugal e España. Nestes 8 anos a compañía produciu 10 espectáculos deixando que as inquietudes artísticas marcaran o camiño e procurando sempre a maneira de involucrar a artistas, institucións e públicos de diferentes realidades nunha suma de sinerxias que vai asentando sólidamente o futuro para producións cada vez máis arriscadas. A liberdade escénica coa que encara os seus proxectos valeulle unha traxectoria chea de premios, louvanzas e presenza constante en prestixiosos festivais de teatro contemporáneo. A partires da música en vivo, a beleza, a ironía e o movemento, VOADORA constrúe unha linguaxe moi persoal, un universo de sensacións, de espazos e emocións.
Descargar todas as imaxes

Máis información