O goberno local ultima o inicio de catro novas humanizacións por importe superior ao millón de euros
Abel Caballero informou este mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local dos plans de seguridade e saúde dos traballos de humanización de María Berdiales, Pazos Entronque, Juan Ramón Jiménez (entre Camelias e Menéndez Pelayo) e Hispanidade (entre Gran Vía e Zamora). O Concello inviste nestas melloras 1.174.000 euros.
O goberno local validou esta mañá os plans de seguridade e saúde, un dos últimos trámites previos ao inicio das obras, de catro humanizacións por importe superior ao millón de euros. O Concello, explicou Caballero, deu luz verde á remodelación da Avenida de Hispanidade, tramo entre Gran Vía e Zamora, cun investimento próximo aos 120.000 euros; á reforma de Pazos Entroque, que suma un importe de 145.000 euros; á reforma de María Berdiales, cun investimento superior aos 418.000 euros, é á reforma de Juan Ramón Jiménez -a instalación do ascensor-, que ten un orzamento de 491.000 euros.