O goberno local salienta a relevancia de achegar a cultura á infancia na presentación de MuMo
MuMo é un museo móbil presente hoxe e mañá mércores fronte ao MARCO de Vigo, un proxecto didáctico con 14 obras de grandes artistas creadas específicamente para os escolares de entre 6 e 12 anos. O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, eloxiou a parada na cidade dunha iniciativa internacional que en España visita Barcelona, Zaragoza, Madrid, Valladolid e Vigo.
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez Escudero, participou este martes na presentación e eloxiou a proposta de MuMo, o museo móbil que esta hoxe e mañá en Vigo -na rúa do Príncipe, xunto ao Museo de Arte Contemporánea- para achegar a cultura aos escolares.
MuMo é un proxecto didáctico que inclúe 14 obras creadas por artistas de prestixio internacional específicamente para público infantil, escolares de 6 a 12 anos, destinatarios deste museo móbil. Versando sobre o tema social da convivencia en harmonía, os traballos acollidos neste camión-contedor están distribuidos en espazos diferenciados con obras de pintura, escultura, instalación, vídeo e deseño. As visitas están dirixidas a grupos de escolares de entre 6 e 12 anos, dos centros de ensino da cidade, cunha duración de 45 minutos.
Desde o 2011, ano da súa creación, o MuMo recibiu a visita de 43.000 escolares e percorreu 30.000 quilómetros para chegar a países como Francia, Camerún, Costa de Marfil, Bélxica e Suiza. En España, o museo itinerante para en Barcelona, Zaragoza, Madrid, Valladolid e Vigo.
Descargar todas as imaxes