Escoitar

O goberno local rehabilita o entorno das prazas da Princesa e Argüelles

O alcalde visitou este luns os traballos de mellora e reposición de espazos públicos no Casco Vello, unha reforma que supera os 262.000 euros e afecta ás prazas da Princesa e de Argüelles e ao seu entorno. A remodelación contempla tamén os locais e espazos soterrados entre Abeleira Menéndez e a Praza de Argüelles, cun tratamento homoxéneo das fachadas para integralos no conxunto da Porta do Sol.

luns, 26 xan 2015
1422280005plazaprincesa.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, visitaron este luns os traballos de reforma que executa o Concello nas prazas da Princesa e Argüelles e o seu entorno, cun investimento algo superior aos 262.000 euros.

Explicou Caballero que, con estas melloras, "seguimos coa recuperación do Casco Vello". Neste caso se trata da Praza da Princesa, os locais que dan á Porta do Sol, a recuperación tamén da escaleira da Praza de Argüelles e a reforma desta, co obxectivo de recuperar a unidade e harmonía e a imaxe coherente e ordenada no entorno.

As obras afectan tanto ás céntricas prazas de Argüelles e Princesa como aos locais comerciais de titularidade municipal do entorno da Porta do Sol. A execución deste proxecto realízase para completar as reformas realizadas nos últimos anos na zona histórica da cidade e para integrar as fachadas no conxunto da Porta do Sol. Cúmprese co recollido no Plan Especial do Casco Vello, subliñou o rexedor, que indica que todos os elementos asociados ás fachadas -rótulos, imaxes publicitarias, marquesiñas...- deben axustarse ás condicións reguladas nas propias ordenanzas do Plan especial.

Praza da Princesa
O alcalde indicou que as obras en marcha conlevarán na Praza de Princesa o levantamento e reposición das losas que se atopen deterioradas, a limpeza e reparación das canalizacións, a execución dunha nova canalización de telecomunciacións e realizar as acometidas domiciliarias necesarias para o soterramento das líneas aéreas existencias, a reparación da fonte, unhas novas estruturas dos alcorques para as árbores, a substitución dos bancos por uns dobles, o reforzo da iluminación e a retirada do cableado presente nas fachadas.

Praza de Argüelles
Pola súa banda, o proxecto do Concello para este espazo prevé o levantamento das losas de pedra que se atopen deterioradas, a rehabilitación de escaleiras e muros, a retirada de cableado existente en fachada e a reparación de barandillas.
Descargar todas as imaxes